Operar con pelotas

Executar sobre o corpo do animal vivo, con axuda de instrumentos adecuados, diversos actos curativos

domingo, 28 de noviembre de 2010

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DESPOIS DE XOGADA A CUARTA XORNADA

Por cortesía do noso lateral reconvertido en porteiro circunstancial Jose Ojea; envíovos os resultados e clasificacións de equipos e goleadores despois de desputada a derradeira xornada.






domingo, 21 de noviembre de 2010

SEGUNDA DERROTA CONSECUTIVA DO CHOU ATHLETIC COMO LOCAL. Chou Athletic 1 - CHUAC 5

O derradeiro día 18, e no campo de Fútbol de Outeiro Grande na localidade ourensán de Maside, celebrouse o encontro de fútbol correspondente a 4ª xornada do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario que enfrontou as equipas representantes dos hospitais de A Coruña ( CHUAC) e mais de Ourense (CHOU ATHLETIC).
Arbitrou: Sr. Presas do Colexio Ourensán, que tivo un encontro de luba branca, xa que non tivo que mostrar nengun cartón o longo dos 90 minutos.
Pouco público nas bancadas, xa que a humidade e o frío reinantes facían desapacibel a estancia.
O encontro viuse, dende seu inicio, con unha notoria superioridade por parte herculina, favorecida pola ausencia (por lesión ou compromisos laborais) de 3 pilares fundamentais no medio do campo local. Iso, permitía unha mais cómoda maniobrabilidade nos medios centros coruñeses e producía un desasosego constante na zaga ourensá.
De pe: Toñito; Zeus; Outomuro; Quico; Míguez; Caride; Jorge;
Agustín; León; Carliños; Martínez(Delegado);
Agochados:Fariñas; Ferrer; David; Juán Luís; Rubio; Ojea; Adelmo
As 3 ocasións prácticamente seguidas, con lanzamentos os paus incluido, fixeron mobilizar o banquiño dos locais, que intentaba parar a sangría de xogo (sobre todo pola banda dereita) que se cernía sobre a portería de Ojea (unha vez mais, sacrificado do seu posto natural de lateral dereito), titular circunstancial da meta do Chou Athletic.
Finalizaron os primeiros 45 minutos, con un intenso toma e daca, e con un resultado (a priori esperanzador) de 0-1 para o CHUAC.

Chorén; Jose Couto; Pablo; Angel; Ivan; Sergio
Agochados:Juan; Jose Pardal; Xacobe;Daniel;Alberto;Romaní




Na segunda parte, continuou a tónica da primeira, con incisivos ataques dos locais, e con un maior control e posicionamento dos visitantes, que deron o fruto con sucesivos goles, mitigados en parte polo gol da honra ourensán marcado sobre o minuto 70 de encontro, nunha expléndida vaselina sobre o porteiro Chorén. Ainda habería tempo para que se aumentase a diferencia por parte coruñesa ata o pitido final que arroxaba un resultado de 1-5 para o equipo do CHUAC de A Coruña
GOLEADORES:
A Coruña: Juan Fdez (2); Xacobe; Alberto; Jose.
Ourense: Zeus.
Soprando, aínda que a vela a tiña na MAN DEREITA



Como sempre, houbo terceiro tempo, con especialidades da Panadería Gallego de Dacón e da Cociña do Fran; e no mesmo ofreceuse unha sorpresa, non agardada, ó xogador Xabier do equipo ourensán que cumpría anos....Foi felicitado por todos e tivo a súa correspondente torta de parabéns.

A Camaredeiría triunfuou, unha vez mais, por riba da competencia deportiva e animou unha xornada mais as relacións entre os compañeiros coruñeses e ourensáns.
















Para Operando Con Pelotas, e dende Maside, informou Francelata.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Porteiriñoooooooooo, onde estaaaaaaaaaaas?


Mala Sorte? NON....Mal Xogo? NON.......Mal ambiente? NON.....Mala Saúde? NON......., Entón? 

EQUIPO DE AMIGOS QUE SE XUNTAN PARA XOGAR UN CAMPIONATO DE FÚTBOL CON OUTROS AMIGOS DE GALIZA, NECESITAN UN PORTEIRO QUE AINDA QUE NON SINTA AS CORES, VEÑA ÓS PARTIDOS. RAZÓN: CALQUERA BAR DE OURENSE E ARREDORES; OU BEN NO CAMPO DO OUTEIRO GRANDE O VINDEIRO 16 DE DECEMBRO AS 17:15 HORAS. 
Nota.----- Recompénsase con agarimo, bo xantar, bos viños e cervexas e sobre todo con bo fútbol.

domingo, 14 de noviembre de 2010

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DESPOIS DE XOGADA A TERCEIRA XORNADA

Con incidentes reseñados na crónica dos compañeiros do Xeral Calde que tiveron 2 expulsións no seu compromiso de Santiago co equipo do CHUS, podemos indicar que segue mostrándose a fortaleza dos xogadores santiagueses que lideran en solitario a clasificación.
Tamén facer constar o terrible equilibrio de goles encaixados e logrados polo equipo ourensán que en dous dos seus partidos, tivo o handicap de non poder alinear a ningún dos seus porteiros, e precisamente gañou ises dous encontros.
Na clasificación dos goleadores, nesta xornada quedou sen marcar o líder Roberto do CH Xeral Calde, xa que o seu esforzo non obtivo premio na súa visita a terras santiaguesas.
Se suma a Ramón o noso xogador Fari, que con dous goles en A Coruña, ocupan compartido o segundo posto clasificatorio.
Ascenden (tamén con dous goles) Adolfo e Juan Luis despois da súa brillante actuación en A Coruña.
Estrean taboeiro goleador ata 5 compañeiros do equipo coruñes do Urxencias/Observación CHUAC.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Outra victoria do Chou Athletic....

URXENCIAS/OBS.CHUAC - 5    
CHOU ATHLETIC               - 6                           
O Mundo do Fútbol do RCD de A Coruña- Abegondo
Nos campos de fútbol de Mabegondo, no concello de Abegondo en A Coruña, levouse a cabo no serán de onte e con un tempo frío e húmido, a desputa do encontro pertenecente a terceira xornada do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario que enfrontaba os clubes representantes dos hospitais de A Coruña ( Urxencias/Observación CHUAC) e de Ourense ( CHOU ATHLETIC) e que escomenzou as 18:00 horas.

Arbitrou a contenda o colexiado Juan Emilio Lendoiro, que tivo un arbitraxe calamitoso, influíndo no resultado final e incordiando constantemente a ámbolos contendentes. O seu protagonismo foi incordio dos xogadores duarante todo o encontro, tomando como iniciativa un efecto compensatorio que desagradou a tódolos protagonistas. Tarxetero, chulesco, prepotente e ignorante do perfil da competición poido producir, polo fragor do partido, que houbese mais dun lesionado entre os contendentes, por non saber frear os ímpetus de dúas equipas que se entregaron a fondo no físico, nun campo que o permitía e con un marcador moi axustado.

Pola banda ourensá: Juán Luís e Fariñas (por partida dobre) Adolfo e Zeus.

Co esforzo dos responsables da empresa Camino Bus, despois dun erro noso, poidemos completar un feliz viaxe, con parada en Órdes para degustar delicias de Porco; Pita;Vaca; Tubérculos e mais Cebada, que confortaron os integrantes da expedición ata a súa chegada a Ourense.
As noraboas e parabéns do persoal do Hospital na mañán de hoxe, fixeron de pomada reparadora para os lesionados e subiron a estima do resto.


Dende A Coruña e para Operando con Pelotas informou........Francelata

jueves, 28 de octubre de 2010

XA TEMOS RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DESPOIS DE DISPUTADA A SEGUNDA XORNADA...:

Despois de finalizados os partidos correspondentes a 2ª xornada do Campionato Galego; vemos 2 equipos importantes dos campionatos precedentes, claramente destacados: Santiago e Lugo.
Obxectivamente debemos facer constar que outro dos favoritos, e debido a imparidade dos participantes, solo leva disputado 1 encontro (CHUAC), polo que deberemos agardar ó descanso pertinente de tódolos participantes para discernir os destaques.......

En canto os goleadores; vemos o poder realizador de 2 xogadores do Xeral Calde que con 9 goles xeran o 70% dos goles do seu equipo.! Ollo con eles¡.
Ascenden, merced a súa victoria en Ourense, integrantes do equipo do CHUS que, ó igual que no caso anterior, resolven o 50% dos marcados.

martes, 26 de octubre de 2010

Xogamos en A Coruña...........

Vindeiro dia 4 de Novembro as 18:00 horas nos Campos de Fútbol de Abegondo do RCD de A Coruña, xogaremos o partido correspondente a 3ª Xornada do actual Campionato fronte o equipo de URXENCIAS CHUAC.........
ESTADES TODOS CONVOCADOS PARA A SAÍDA DENDE O HOTEL PUENTE ROMANO AS 
15:15 HORAS:

Equipaxe: 
Chandal e equipamento CaminoBus

View Real Club Deportivo de La Coruña in a larger map

sábado, 23 de octubre de 2010

O equipo do CHUS apabulla en Ourense 0 - 7


CHUS 2010/11 na súa visita a Maside
Nunha apacible tarde de outono e no campo de fútbol de Outeiro Grande, enfrontáronse os equipos representativos dos Hospitais de Santiago (A.D. CHUS) e Ourense (A.D. CHOU ATHLETIC) que actuaba como anfitrión.
Arbitrou a contienda o colexiado Sr. Presas, que estivo ben en liñas xerais, con diferenciación de criterios cos equipos nalgunhas sinalizacións de fora de xogo ou faltas e templando gaitas co xogo duro ou os choques entre xogadores.

O partido escomenzou con un dominio inconstante por parte dos dous equipos, e con iniciativas dos mediocampistas cara a parte esquerda no caso dos ourensáns e insistencia mais reiterada de balóns profundos o seu dianteiro centro no caso dos santiagueses. Desta primeira parte subliñar a expléndida actuación do cancerbeiro local que puxo freno os contragolpes dos visitantes con unha serie de parades e despexes que o fixeran merecedor a destaque no encontro. Finalizou a primeira parte con un resultado de 0-1.

Na segunda parte, a mengua física do mediocampo ourensán, xunto coa ausencia de pilares fundamentais na súa defensa e mediocampo, fixo mais relevante a diferencia de xogo e fútbol entre as dúas formacións o cal viuse manifestado nos contragolpes e xogadas que fixeron que a contienda rematase con un excesivo 0-7; que non fixo xustiza as verdadeiras alternativas no xogo mostrado.
Foron os goleadores: Bruno en 2 ocasións; Santi; David; Junior; Roberto e o cada vez mais groso e orondo Marcote.
No terceiro tempo, a degustación de productos preparados polos compañeiros do Chou Athletic puxo fin a unha xornada de convivencia, social e deportiva, donde os saúdos e a camaradeiría primaron unha vez mais.
Dende Ourense, e para operando con pelotas......informou Francelata

martes, 19 de octubre de 2010

Quen marcou os goles??????

Xa temos destacados a algúns dos Pichichis futuros deste Campionato con especial incidencia para o xogador do Xeral Calde Roberto González que conqueriu un espectacular hat-trick no encontro que os emparexou cos compañeiros do Area Sanitaria de Ferrol; as cousas foron tamén moi positivas para dous compoñentes do Chou Athletic Adolfo e David que por partida dobre afondaron a victoria sobre os debutantes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; Ramon do Xeral Calde e Junior do CHUS de Santiago acompáñanos  no segundo escalafón. As forzas están intactas e agardemos trocos nesta clasificación na vindeira xornada na que entrará en desputa o equipo do CHUAC de A Coruña que descansou nesta data.

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DESPOIS DE XOGADA A PRIMEIRA XORNADA

Estos foron os resultados e clasificación despois de efectuada a totalidade dos partidos da 1ª Xornada; o equipo do Complexo Hospitalario de A Coruña descansou na mesma, debido a disparidade de participantes.

lunes, 18 de octubre de 2010

VINDEIRO XOVES DÍA 21 DE OUTUBRO, 2ª Xornada do Campionato Galego

O vindeiro xoves, 21 de Outubro, ás 17:00 horas no campo de Outeiro Grande, tódolos compoñentes do Chou Athletic deberedes estar presentes, xa que se procederá a levar a cabo a realización da Foto Oficial do Equipo 2010/2011 e a maquetación dun vídeo do evento e o partido. REPITIMOS.......AS 17:00 HORAS.
O partido xogarase as 18:00 horas, coma sempre, polo que é necesario a vosa presencia con anticipación. A lista de convocados publicarse o vindeiro martes dia 19.

lunes, 11 de octubre de 2010

Atentos tódolos participantes de Fútbol e Fútbol Sala

Tódolos participantes dos Campionatos de Fútbol ou Fútbol Sala da tempada 2010/2011 da Asociación Deportiva Chou Athletic deberán ingresar as súas cotas na entidade Caixanova no número de conta:

 2080 0270 51 0040007651
e as modalidades de pagamento son as seguintes:

martes, 5 de octubre de 2010

O equipo do Raio CHUVI coa súa formación para o VII Campionato. ¡ BENVIDOS COMPAÑEIROS ¡

Martín; Juan; Raul; Chillón; Dani; Pablo; Iñaki; Bernabé; Raul
Angel Piñeiro; Andrés; Borja; Jose R: Jose Luís; Jose A.; Angel Alonso
Un equipo moi xoven, con un plantel amplio, que dará moitos sustos neste Campionato, moi bos futboleros na líña media:  unha dianteira pelexona e un porteiro deslumbrante baixo paos e con unha axilidade felina. 
Non cabe a menor dúbida de que as menos de 3 semanas dende que esta formación votou a andar, fixeron que resulte enganoso o resultado do seu primeiro partido. Non será doado de batir na segunda volta cando teñanlle tomada a auténtica medida o Campionato. Perigosos no futuro pola cantidade inxente de efectivos vinculados o fútbol provincial e autonómico dos que poderán nutrirse proximamente.

O Chou Athletic alcanzou a súa primeira victoria no inicio do VII Campionato ( 1-7)

 
Rubio; Zeus; Agustin; Javier; Fariñas; Ferrer; Outomuro;Ojea;Adolfo
Mito; J. Antonio; Miguel; Abuín; Juan Luís e Toño




No Campo de Fútbol de A Madroae nunha esplendorosa tarde do outono celebrouse o encontro de inicio do VII Campionato para os equipos do Rayo CHUVI de Vigo que se enfrentou ós compoñentes do CHOU Athletic de  Ourense.  Nunha primeira parte pletórica de bo fútbol, o equipo do Chou mostrouse
como un firme candidato a levarse os 3 puntos, con unhas xogadas trenzadas dende a línea defensiva, que se miraban definitorias nas subidas dos mediocampistas que surtiron con profusión balóns os dianteiros e que culminaron con un resultado contundente para un equipo pouco acostumado a este tipo de alegrías.
Fariñas e Adolfo, por partida doble  xunto con Toñito, Miguel e Rubio foron os autores dos goles polo bando ourensán; sendo Iñaki o autor dun extraordinario gol para os anfitrións do 
equipo vigués.
O arbitraxe do Sr. Angel Rodríguez foi condescendente con ámbalas formacións e como único incidente suliñable mencionaremos a desgraciada luxación do ombreiro do capitán vigués Chillón, que afortunadamente non acarreou mais consecuencias que unha breve visita o Meixoeiro.
O terceiro tempo nas instalacións do propio campo, serviron para coñecernos e brindar polo éxitos futuros no descorrer das dúas formacións no torneo e con gratitude polo trato, fixemos votos para voltarnos a ver na visita que efectuarán a Maside na segunda volta.

domingo, 26 de septiembre de 2010

QUEDAN DESTERRADOS POLA ORGANIZACIÓN DESTE ANO OS SEGUINTES FEITOS

Como facer unha cañería no Campionato de Futbol Hospitalario

Esto é o fútbol para os chirigoteiros mais graciosos de Cai

ESCOMENZA O VII CAMPIONATO DE FÚTBOL GALEGO INTERHOSPITALARIO

Sete anos, sete e coa ilusión e esforzo dos compañeiros da Asociación Deportiva e Cultural Xeral Calde de Lugo estou seguro e certo que se levará a cabo con unha nota sobresainte nos cometidos que lles son propios a calquera Organización. Sorte, moita Sorte compañeiros e compañeiras.
Sete anos, sete sen respaldo institucional da Consellería de Sanidade; sen a involucración propia de quen debera traspasar as portas do seu despacho para FELICITAR ós centos de traballadores e traballadoras que levan dende o ano 2003 resolvendo con esforzo, multitude de problemas causados por a falla dun apoio que tiña que ser manifesto.
Sete anos, sete deixando ó albor dos tempos e os climas da nosa terra galega sen o recoñecemento pola valentía de TRABALLAR, ARGALLAR, VIAXAR, XOGAR, RETORNAR, COMPARTIR E VOLTAR para con desexo e compromiso particulares; con hipoteca ó periodo de lecer familiar e persoal; con prestancia económica propia incluso á hora de transportarse polas 4 provincias e deixando que a SORDEIRA MANIFESTA dós e dás que nos dirixiron o longo deste tempo fora o cerne do barranco polo que xa foron.......HOSPITAL JUAN CARDONA; HOSPITAL SANTA TERESA; HOSPITAL DA COSTA; COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA e os últimos damnificados do COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE nún dos seus 2 equipos.
Sete anos, sete sen compromisos previos, sen planificación administrativa, sen motivación económica, sen axuda nas relacións con outras institucións implicadas, sen apoio con empresas relacionadas co sector sanitario que poideran sponsorizar estas actividades, sen soporte nin do Xacobeo 2010.
Sete anos, sete sen  agradecer ós precursores, ós valentes creadores desta idea o seu ardor na hora de defender esta idea fabulosa, que permite que se poidan manter, fios que xa son cordas entre nos, entre os hospitais que representamos e mesmo entre modelos diferentes de defender a actividade físio-lúdica das persoas que formamos o Servizo Galego de Saúde.
Sorte a tod@s.

jueves, 23 de septiembre de 2010

Os compañeiros do CHUAC de A Coruña non paran........

Imos a operar con pelotas.....de fútbol e fútbol sala.........coido

Dende hoxe as 21:00 horas temos unha nova modalidade, ben dinámica ela, para establecer un contacto permanente entre todos e cadanseu dos participantes dos Campionatos nos que vai a participar a Asociación Deportiva Chou Athletic de Ourense.
Entraremos con Futbol Interhospitalario Galego no Campionato que organiza iste ano o Complexo Hospitalario Xeral Calde; e continuaremos co Campionato Provincial de Fútbol Sala Veteranos de Empresas donde tamén participaremos por primeira vez.
Dende aquí saudamosvos a todas e todos e agardamos que, coa vosa colaboración, iste, sexa un farol de intercambio de ideas,  pensamentos ou ruxe-ruxe do que nos ocupa, preocupa, ou divirte.
Dende Ourense con moito calor termal e dende o seu Complexo Hospitalario nos postulamos para OPERAR CON PELOTAS..............................................................