| O Capitán Ojea entrega un presente a capitana Marta |
| Emilio; Juan; Ivan; Victor;Hugo; Pablo Enrique; Santi; Marta; Norberto; Manuel |
Nunha primeira parte con un toma e daca constante, e con oportunidades de rachar o empate por ámbalas dúas escadras, víuse un fútbol fluido no que as defensas tiñan traballo dabondo como para que os porteiros tiveran o seu protagonismo. Unha falta directa e dous contragolpes dos coruñeses encenderon a alarma nos ourensáns, que apretaron no seu traballo defensivo, e multiplicaron os seus esforzos no medio do campo.
| León;Kico;Mito;Diego;JuanLu;David;Santi;Jose A. Abuín;Pepe;Ojea;Javi;Toño;Adolfo |
A superioridade física, derivada dunha maior presencia no banquiño local condicionou o transcurrir da segunda parte, aumentando as ocasións dos ourensáns que acabaron conseguindo un triunfo substancioso por un total de 4-0.
| Glez. Quintairos (Colexiado) |
Campo: Outeiro Grande
Árbitro: Sr. Quintairos (colexio ourensán). Sinalou tarxeta amarela o xogador do CHOU Athletic con dorsal nº 5, Adelmo Gómez.
No terceiro tempo, ámbas equipas degustaron unhas extraordinarias empanadas da Panadería Gallego e un arroz caldoso de mariscos, que regaron con bo viño do Ribeiro, e que serviu para manter o espíritu de compañeirismo que enarbolan os compoñentes da nosa Asociación, para con tódolos equipos participantes.
Dende Maside, e para Operando con pelotas; informou Francelata.
