Operar con pelotas

Executar sobre o corpo do animal vivo, con axuda de instrumentos adecuados, diversos actos curativos

viernes, 18 de marzo de 2011

Unha nova victoria do Chou Athletic no Outeiro Grande

O Capitán Ojea entrega
un presente a capitana Marta
O derradeiro xoves, e nunha extraordinaria tarde para a práctica do fútbol, celebrouse o encontro correspondente a 10ª xornada do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario, que enfrontou no campo de Outeiro Grande de Maside, as equipas do Urxencias/Observación CHUAC (que rendía a súa primeira visita a Maside) e mais da Asociación Deportiva CHOU ATLETIC.




Emilio; Juan; Ivan; Victor;Hugo; Pablo
Enrique; Santi; Marta; Norberto; Manuel

Nunha primeira parte con un toma e daca constante, e con oportunidades de rachar o empate por ámbalas dúas escadras, víuse un fútbol fluido no que as defensas tiñan traballo dabondo como para que os porteiros tiveran o seu protagonismo. Unha falta directa e dous contragolpes dos coruñeses encenderon a alarma nos ourensáns, que apretaron no seu traballo defensivo, e multiplicaron os seus esforzos no medio do campo.

León;Kico;Mito;Diego;JuanLu;David;Santi;Jose A.
Abuín;Pepe;Ojea;Javi;Toño;Adolfo



A superioridade física, derivada dunha maior presencia no banquiño local condicionou o transcurrir da segunda parte, aumentando as ocasións dos ourensáns que acabaron conseguindo un triunfo substancioso por un total de 4-0.



Glez. Quintairos (Colexiado)





Campo: Outeiro Grande
Árbitro: Sr. Quintairos (colexio ourensán). Sinalou tarxeta amarela o xogador do CHOU Athletic con dorsal nº 5, Adelmo Gómez.


No terceiro tempo, ámbas equipas degustaron unhas extraordinarias empanadas da Panadería Gallego e un arroz caldoso de mariscos, que regaron con bo viño do Ribeiro, e que serviu para manter o espíritu de compañeirismo que enarbolan os compoñentes da nosa Asociación, para con tódolos equipos participantes.














Dende Maside, e para Operando con pelotas; informou Francelata.

viernes, 18 de febrero de 2011

Os tres puntos do encontro contra o Raio CHUVI, quedaron na casa

Martín; Adriana; Daniel; Pedro; Gerardo; Juan; Raul; J. Ramón;
Angel Piñeiro ;Andrés; J. Luís; Angel Alonso; J.Antonio; Roberto e Iñaki
Nunha tarde soleada, a pesares do frío e humidade reinantes tras das choivas dos derradeiros días, no campo do Outeiro Grande de Maside tiveron a oportunidade de enfrontarse, por primeira vez, os equipos do CHOU Athletic e do Raio CHUVI na xornada que inauguraba a segunda volta do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario e que rematou con resultado favorable o representante ourensán por un global de  3-1.
Foron os seus autores: Miguez; David Fariñas e Rubio para o CHOU Athletic e Iñaki Villanueva por parte viguesa.
Arbitro: Sr. Daniel Quintairos do colexio ourensán, que estivo en exceso riguroso co equipo foráneo que se mostraba enfadado con protestas dos seus compoñentes por matices no arbitraxe que se estaba a realizar. A tenor destes sucesos mediada a primeira metade, expulsou a Pedro Castellano por recomendarlle unha viaxe de sexo anal. Non houbo ningunha tarxeta agás da comentada.


De pe: Kiko; Iago; Juanlu;Rubio;David Fariñas; Diego; Adolfo; Carlinhos;Míguez; 
Fran (Coci) Agochados: David Gómez; Ojea; Toniño; Miguel; Mito; Jose; Zeus
O partido foi filmado polo experto do CHOU señor Estevo Espilbo  para análise e lembranza do sucedido. E no terceiro tempo, brindouse polo bo fín do resto da tempada con viandas preparadas por Fran e na camaradeiría habitual en Maside.






Dende Ourense informou Francelata para OCP

martes, 8 de febrero de 2011

Xa temos preparada-las armas para combatir o Raio CHUVI

O vindeiro día 17 de Febreiro e inaugurando a segunda volta do Campionato, celebraráse o encontro de fútbol do Campionato Galego de Interhospitalarios, entre os compañeiros do Raio CHUVI de Vigo e a formación ourensán que xogaran como locais.
Temos cumpridos datos para pensar nunha vinganza por parte viguesa, o resultado da primeira volta no que pagaron (como todos) a novatada, e sabemos do seu crecemento como equipo e tamén en resultados.
Tódolos compoñentes do CHOU Athletic están convocados para homenaxear os compañeiros vigueses que se presentan por primeira vez no noso campo de Outeiro Grande donde a partires das 18:00 horas dara escomenzo o encontro. 











Con posterioridade, procuraremos igualar o nivel do terceiro tempo que se nos ofreceu nos Campos da Madroa para confraternizar e seguir afianzando a amizade entre tódolos traballadores.



Chou Athletic convertiu en victoria as ocasións creadas no seu encontro cos futboleiros do Ara Sanitaria de Ferrol

O derradeiro xoves, día 3 de Febreiro, inaugurouse o curso balompédico 2011 para os compoñentes do Chou Athletic, que por mor da imparidade do actual campionato ainda non tiveran a ocasión de estrearse, futbolísticamente falando, no actual ano.
Area Sanitaria de Ferrol na súa visita a Ourense
Pedro; Luisa; Juan Romero; Pablo; David; J.Luis; Alberto;
Carlos; Fernando; Juan Varela; Pedro Pita; Marcelo e Alberto Lopez
En partido correspondente a 7ª xornada, e no campo do Outeiro Grande de Maside, sede co equipo ourensán, contenderon nun partido de poder a poder´ámbalas formacións cun resultado final de:
Chou Athletic 3 (Adolfo 2 e Juan Luís)  - Area Sanitaria Ferrol  1.(p.p.)
Os autores dos goles foron por parte ourensán incluido o ferrolán, xa que nunha desgraciada xogada o defensa Agustín introduxo o esférico na súa propia meta.
Destacar, unha vez mais, o compañeirismo reinante entre as dúas formacións, que facilitaron a laboura do trencilla Sr. Quintairos do Colexio Ourensán.

O terceiro tempo, correu a cargo de Fran, con asistencia de tódolos compañeiros e con camaredeiría entre os compoñentes, que quedaron citados para o encontro de volta. Hasta daquela, un saúdo cordial de: Francelata para Operando con pelotas.......

domingo, 28 de noviembre de 2010

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DESPOIS DE XOGADA A CUARTA XORNADA

Por cortesía do noso lateral reconvertido en porteiro circunstancial Jose Ojea; envíovos os resultados e clasificacións de equipos e goleadores despois de desputada a derradeira xornada.






domingo, 21 de noviembre de 2010

SEGUNDA DERROTA CONSECUTIVA DO CHOU ATHLETIC COMO LOCAL. Chou Athletic 1 - CHUAC 5

O derradeiro día 18, e no campo de Fútbol de Outeiro Grande na localidade ourensán de Maside, celebrouse o encontro de fútbol correspondente a 4ª xornada do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario que enfrontou as equipas representantes dos hospitais de A Coruña ( CHUAC) e mais de Ourense (CHOU ATHLETIC).
Arbitrou: Sr. Presas do Colexio Ourensán, que tivo un encontro de luba branca, xa que non tivo que mostrar nengun cartón o longo dos 90 minutos.
Pouco público nas bancadas, xa que a humidade e o frío reinantes facían desapacibel a estancia.
O encontro viuse, dende seu inicio, con unha notoria superioridade por parte herculina, favorecida pola ausencia (por lesión ou compromisos laborais) de 3 pilares fundamentais no medio do campo local. Iso, permitía unha mais cómoda maniobrabilidade nos medios centros coruñeses e producía un desasosego constante na zaga ourensá.
De pe: Toñito; Zeus; Outomuro; Quico; Míguez; Caride; Jorge;
Agustín; León; Carliños; Martínez(Delegado);
Agochados:Fariñas; Ferrer; David; Juán Luís; Rubio; Ojea; Adelmo
As 3 ocasións prácticamente seguidas, con lanzamentos os paus incluido, fixeron mobilizar o banquiño dos locais, que intentaba parar a sangría de xogo (sobre todo pola banda dereita) que se cernía sobre a portería de Ojea (unha vez mais, sacrificado do seu posto natural de lateral dereito), titular circunstancial da meta do Chou Athletic.
Finalizaron os primeiros 45 minutos, con un intenso toma e daca, e con un resultado (a priori esperanzador) de 0-1 para o CHUAC.

Chorén; Jose Couto; Pablo; Angel; Ivan; Sergio
Agochados:Juan; Jose Pardal; Xacobe;Daniel;Alberto;Romaní




Na segunda parte, continuou a tónica da primeira, con incisivos ataques dos locais, e con un maior control e posicionamento dos visitantes, que deron o fruto con sucesivos goles, mitigados en parte polo gol da honra ourensán marcado sobre o minuto 70 de encontro, nunha expléndida vaselina sobre o porteiro Chorén. Ainda habería tempo para que se aumentase a diferencia por parte coruñesa ata o pitido final que arroxaba un resultado de 1-5 para o equipo do CHUAC de A Coruña
GOLEADORES:
A Coruña: Juan Fdez (2); Xacobe; Alberto; Jose.
Ourense: Zeus.
Soprando, aínda que a vela a tiña na MAN DEREITA



Como sempre, houbo terceiro tempo, con especialidades da Panadería Gallego de Dacón e da Cociña do Fran; e no mesmo ofreceuse unha sorpresa, non agardada, ó xogador Xabier do equipo ourensán que cumpría anos....Foi felicitado por todos e tivo a súa correspondente torta de parabéns.

A Camaredeiría triunfuou, unha vez mais, por riba da competencia deportiva e animou unha xornada mais as relacións entre os compañeiros coruñeses e ourensáns.
















Para Operando Con Pelotas, e dende Maside, informou Francelata.