![]() |
| Rubio; Zeus; Agustin; Javier; Fariñas; Ferrer; Outomuro;Ojea;Adolfo Mito; J. Antonio; Miguel; Abuín; Juan Luís e Toño |
No Campo de Fútbol de A Madroae nunha esplendorosa tarde do outono celebrouse o encontro de inicio do VII Campionato para os equipos do Rayo CHUVI de Vigo que se enfrentou ós compoñentes do CHOU Athletic de Ourense. Nunha primeira parte pletórica de bo fútbol, o equipo do Chou mostrouse
como un firme candidato a levarse os 3 puntos, con unhas xogadas trenzadas dende a línea defensiva, que se miraban definitorias nas subidas dos mediocampistas que surtiron con profusión balóns os dianteiros e que culminaron con un resultado contundente para un equipo pouco acostumado a este tipo de alegrías.
Fariñas e Adolfo, por partida doble xunto con Toñito, Miguel e Rubio foron os autores dos goles polo bando ourensán; sendo Iñaki o autor dun extraordinario gol para os anfitrións do
equipo vigués.
O arbitraxe do Sr. Angel Rodríguez foi condescendente con ámbalas formacións e como único incidente suliñable mencionaremos a desgraciada luxación do ombreiro do capitán vigués Chillón, que afortunadamente non acarreou mais consecuencias que unha breve visita o Meixoeiro.
O terceiro tempo nas instalacións do propio campo, serviron para coñecernos e brindar polo éxitos futuros no descorrer das dúas formacións no torneo e con gratitude polo trato, fixemos votos para voltarnos a ver na visita que efectuarán a Maside na segunda volta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario