Sete anos, sete e coa ilusión e esforzo dos compañeiros da Asociación Deportiva e Cultural Xeral Calde de Lugo estou seguro e certo que se levará a cabo con unha nota sobresainte nos cometidos que lles son propios a calquera Organización. Sorte, moita Sorte compañeiros e compañeiras.
Sete anos, sete sen respaldo institucional da Consellería de Sanidade; sen a involucración propia de quen debera traspasar as portas do seu despacho para FELICITAR ós centos de traballadores e traballadoras que levan dende o ano 2003 resolvendo con esforzo, multitude de problemas causados por a falla dun apoio que tiña que ser manifesto.
Sete anos, sete deixando ó albor dos tempos e os climas da nosa terra galega sen o recoñecemento pola valentía de TRABALLAR, ARGALLAR, VIAXAR, XOGAR, RETORNAR, COMPARTIR E VOLTAR para con desexo e compromiso particulares; con hipoteca ó periodo de lecer familiar e persoal; con prestancia económica propia incluso á hora de transportarse polas 4 provincias e deixando que a SORDEIRA MANIFESTA dós e dás que nos dirixiron o longo deste tempo fora o cerne do barranco polo que xa foron.......HOSPITAL JUAN CARDONA; HOSPITAL SANTA TERESA; HOSPITAL DA COSTA; COMPLEXO HOSPITALARIO DE PONTEVEDRA e os últimos damnificados do COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE nún dos seus 2 equipos.
Sete anos, sete sen compromisos previos, sen planificación administrativa, sen motivación económica, sen axuda nas relacións con outras institucións implicadas, sen apoio con empresas relacionadas co sector sanitario que poideran sponsorizar estas actividades, sen soporte nin do Xacobeo 2010.
Sete anos, sete sen agradecer ós precursores, ós valentes creadores desta idea o seu ardor na hora de defender esta idea fabulosa, que permite que se poidan manter, fios que xa son cordas entre nos, entre os hospitais que representamos e mesmo entre modelos diferentes de defender a actividade físio-lúdica das persoas que formamos o Servizo Galego de Saúde.
Sorte a tod@s.

No hay comentarios:
Publicar un comentario