Xa temos destacados a algúns dos Pichichis futuros deste Campionato con especial incidencia para o xogador do Xeral Calde Roberto González que conqueriu un espectacular hat-trick no encontro que os emparexou cos compañeiros do Area Sanitaria de Ferrol; as cousas foron tamén moi positivas para dous compoñentes do Chou Athletic Adolfo e David que por partida dobre afondaron a victoria sobre os debutantes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo; Ramon do Xeral Calde e Junior do CHUS de Santiago acompáñanos no segundo escalafón. As forzas están intactas e agardemos trocos nesta clasificación na vindeira xornada na que entrará en desputa o equipo do CHUAC de A Coruña que descansou nesta data.

No hay comentarios:
Publicar un comentario