Operar con pelotas

Executar sobre o corpo do animal vivo, con axuda de instrumentos adecuados, diversos actos curativos

viernes, 18 de febrero de 2011

Os tres puntos do encontro contra o Raio CHUVI, quedaron na casa

Martín; Adriana; Daniel; Pedro; Gerardo; Juan; Raul; J. Ramón;
Angel Piñeiro ;Andrés; J. Luís; Angel Alonso; J.Antonio; Roberto e Iñaki
Nunha tarde soleada, a pesares do frío e humidade reinantes tras das choivas dos derradeiros días, no campo do Outeiro Grande de Maside tiveron a oportunidade de enfrontarse, por primeira vez, os equipos do CHOU Athletic e do Raio CHUVI na xornada que inauguraba a segunda volta do VII Campionato Galego de Fútbol Interhospitalario e que rematou con resultado favorable o representante ourensán por un global de  3-1.
Foron os seus autores: Miguez; David Fariñas e Rubio para o CHOU Athletic e Iñaki Villanueva por parte viguesa.
Arbitro: Sr. Daniel Quintairos do colexio ourensán, que estivo en exceso riguroso co equipo foráneo que se mostraba enfadado con protestas dos seus compoñentes por matices no arbitraxe que se estaba a realizar. A tenor destes sucesos mediada a primeira metade, expulsou a Pedro Castellano por recomendarlle unha viaxe de sexo anal. Non houbo ningunha tarxeta agás da comentada.


De pe: Kiko; Iago; Juanlu;Rubio;David Fariñas; Diego; Adolfo; Carlinhos;Míguez; 
Fran (Coci) Agochados: David Gómez; Ojea; Toniño; Miguel; Mito; Jose; Zeus
O partido foi filmado polo experto do CHOU señor Estevo Espilbo  para análise e lembranza do sucedido. E no terceiro tempo, brindouse polo bo fín do resto da tempada con viandas preparadas por Fran e na camaradeiría habitual en Maside.






Dende Ourense informou Francelata para OCP

No hay comentarios:

Publicar un comentario